Un breve comentario sobre Bin Laden e os libros

A nova da aniquilación de Osama Bin Laden a mans do exército americano preséntase como a máis trascendente dende a caída das Torres Xemelgas, quizais á par do falecemento do recentemente beatificado papa Wojtila.

Dende a perspectiva do lector de libros de filosofía e historia pregúntome: ¿quen escribirá a grande obra da captura de Osama? Vén á miña memoria a operación máis similar á desenvolvida onte, que sucedeu na década dos 60. Refírome ao rapto en Arxentina e posterior xuízo en Israel do criminal nazi Adolf Eichmann. Tamén se violou a neutralidade dun país soberano, tamén era un criminal buscado sen descanso, tamén a súa morte foi considerada “xusta” pese aos atrancos éticos. Hannah Arendt puido escribir grazas a este caso unha das obras máis contundentes acerca do mal no mundo e a capacidade de todos nós para levalo a cabo en determinadas circunstancias (experimento de Milgram).

Talaat Bey, Simon Petliura, Adolf Eichmann e Osama Bin Laden. Catro criminais asasinados. Os asasinos, en todos os casos, foron absoltos ou nin sequera xulgados porque a excepcionalidade dos seus crimes xustificaba a súa eliminación. Prego porque Noah Chomsky resolva este dilema ético.

Comentar